Cultura oferta nove concertos do ciclo de "Xeración 2000+3"
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a terceira edición do ciclo de interpretes novos co nome "Xeración 200+3" co que se pretende darlle oportunidade ás novas xeracións de músicos e compositores. O ciclo conta coa colaboración da Fundación CaixaGalicia e realizarse baixo a dirección de Roberto Relova.
En total serán nove concertos que se celebrarán dende o 8 de maio ó 6 de xuño no auditorio do Conservatorio de Música a partir das 20.30 horas con entrada gratuíta.
A oferta do ciclo, segundo verbas de Carlos Príncipe, é rompedora e de calidade, xove ó tempo que madura profesionalmente, vangardista e clásica. Os concertos serán protagonizados por Bieito Vilar Pazos e Pablo Rodríguez o día 8 de maio; Marcos Díaz o 10; Trío Maula o 15; Santiago Barros o día 18 de maio; Valverde, Almarza e Roque o 22; Ensemble Logos o 24; Nuria Lorenzo e Jesús Pardal o 29; Eduardo Nogueroles e Nicasio Gradaille o 1 de xuño; Ainhoa Zuazua e Francisco de Borja o 6 de xuño.
O concerto de inauguración será o xoves, día 8 de maio ás 20.30 h, a cargo de Bieito Villar e Pablo Rodríguez.
BIEITO VILAR PAZOS, violín
Nace en Pontevedra en 1982. Inicia os seus estudios de violín no Consevatorio Profesional de Música de Pontevedra e estudia posteriormente no Conservatorio Superior de Vigo, recibindo clases de Mario Peris (violín) e Cristina García (música de cámara), entre outros. No curso 2000 – 2001 rematou os seus estudios de violín e música de cámara con Sobresaliente con mención de Honra e Sobresaliente con Premio de Honra, respectivamente.
Dende o ano 1999 forma parte da Escola de Práctica Orquestral da Orquestra Sinfónica de Galicia, recibindo clases maxistrais de Michael Gilbert e Yoko Tabeke. En decembro de 2000 participa nun encontro coa Xove Orquestra Sinfónica de Lisboa. Foi en catro ocasións invitado pola Xove Orquestra Nacional de España, e así mesmo colaborou en diversas ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
PABLO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, piano
Nace en Vigo en 1978 e cursa os seus estudios musicais no Conservatorio Superior desta cidade, rematando o Grao Superior de Piano e Música de Cámara coas máximas cualificacións, baixo a dirección dos mestres Enrique Goberna e Cristina García Lomba. Así mesmo, recibiu clases dos mestres Peter Bythell, Eulalia Solé, Joseph Colom, Luis de Moura, Alexander Gold e Almudena Cano. Actualmente estudia na Escola Superior de Música e Artes Escénicas de O Porto con Luis Filipe Sá. Ademais, estudia Enxeñería Industrial na Universidade de Vigo e traballa como profesor no Conservatorio Profesional de música "Reveriano Soutullo" de Ponteareas.
Como dúo de violín e piano, Bieito Vilar e Pablo Rodríguez traballan xuntos dende o ano 2000 e ofreceron xa diversos recitais.
PROGRAMA
I PARTE
Sonata KV 300 c, en mi menor, W. A. Mozart
- Allegro
- Tempo di minueto
Sonata D 384, en re maior, F. Schubert
- Allegro molto
- Andante
- Allegro vivace
II PARTE
Sonata para violín e piano en la maior, César Franck.