Vigo, unha das sedes do VI Festival de Cine Dixital Resfest
A prestixiosa mostra de cinema dixital celébrase por primeira vez en España, con actos simultáneos en Madrid, Barcelona, Vitoria e Vigo. O concelleiro de Cultura, Carlos González Príncipe, e a directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentaron o programa de proxeccións que se inicia no Marco o 9 de maio.
O Festival, de carácter itinerante, amosa as últimas obras dos creadores independentes que empregan as novas tecnoloxías na realización e na edición das súas curtametraxes, documentais, videoclips e pezas de animación. O Resfest, xorde hai seis anos por iniciativa da influinte revista norteamericana Res, para divulgar o traballo da primeira xeración de cineastas dixitais, converténdose nunha referencia obrigada verbo das novas linguaxes audiovisuais.
A tecnoloxía dixital modificou radicalmente a forma en que os autores constrúen a súas historias, acentuándose as transformacións no eido do cine independente e da creación experimental. A maior dispoñibilidade e o abaratamento das novas ferramentas de producción e tratamento de imaxes favoreceron a experimentación de propostas estéticas radicais. Así, as figuras que están a renovar o panorama audiovisual non proceden dos circuítos establecidos, senón do campo da publicidade e dos videoclips, máis abertos á investigación.
As máis de cen proxeccións do Marco achegarán ao público vigués as creacións de figuras como Michel Gondry, Jonathan Gallzer, Spike Jonze, Shynola ou Chris Cunningham, autor do que se ofrece unha retrospectiva. Cunningham é coñecido polos vídeos que realizou para Aphex Twin, Bjork, Madonna, Portishead ou Leftfield.
A escolla das cidades españolas para a sexta edición do Resfest insírese nas actividades do certame ArtFutura. O prezo das entradas para as proxeccións, será o mesmo que para a visita do Marco, 3 euros.
Descargar todas as imaxes