Castrillo visita as obras que garantirán a auga na parroquia de Beade
O alcalde, Lois Castrillo, explicou que as obras iniciadas, que complementan a rede perimetral, garantirán o abastecemento a Beade e ao Parque tecnolóxico e loxístico ao tempo que aseguran o subministro ás 25.000 persoas que se van asentar no polígono de Navia.
Castrillo e Uxío González asistiron ao levantamento de actas de replanteo das obras do cinto perimetral para o abastecemento de auga. As obras iniciaranse con prioridade nas zonas de Beade que padecían problemas de subministro co fin de solventar a seca no próximo verán e favorecer a súa mellor distribución nas áreas útiles. "Nun prazo aproximado de mes e medio ou dous meses este primeiro tramo estará en servicio para a súa conexión co abastecemento", indicou José Luis García, da Unión Temporal de Empresas Seragua-FCC, actual concesionaria do servicio de saneamento e abastecemento de auga a Vigo. O orzamento do cinto perimetral é de 7 millóns de euros e na parroquia de Beade investiranse 769.000 euros.
Cando conclúan as obras do peche perimetral terá que bombearse a auga a Castrelos e Valadares e de aí conectarase a rede xeral con Beade.
Vigo dispón dunha rede de 800 quilómetros de canalizacións para o subministro de auga potable. Castrillo indicou que o Plan director de abastecemento para Vigo e a área metropolitana está en fase de estudio en Augas de Galicia. Con este proxecto forneceranse as necesidades dunha poboación de 600.000 habitantes, a que corresponde a Vigo e aos concellos da comarca cunha previsión de 30 anos.
Uxío González engadiu que, ademais de realizar as obras para o abastecemento de auga a Beade, se pavimentarán os viais polos que transcorre a rede de subministro. Con estas obras solventaranse os problemas que lles afectaban de forma directa, desde hai unha década, aos veciños de Beade debido tanto á escaseza de auga como á falta de previsión ante as deficiencias que presentaba a rede, sumado ao crecemento demográfico desta zona.