Escoitar

Ábrese unha exposición sobre Laxeiro en Lisboa

O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inaugura o 9 de maio no Instituto Cervantes de Lisboa a exposición titulada "Laxeiro, o carnaval das formas" e que se centra na vertente máis informalista do pintor galego.

xoves, 8 mai 2003
A exposición é unha proposta que arranca na viaxe de Laxeiro a Argentina (1951), onde se quedaría ata 1972, e remata na súa ultima época, xa nos anos noventa. Esta data de partida utilizase como o momeneto no que o artista abrese ás correntes pictóricas internacionais máis contemporáneas.

A exposición, formada por pezas procedentes de coleccións privadas, da Colección CaixaGalicia, do Museo de Pontevedra, a Colección Permanente da Fundación Laxeiro e a Colección do Museo Quiñones de León, ten o interese engadido de que amosa algunha obra inédita . A exposición complétase cunha conferencia que pronunciará o xerente da Fundación, Javier Buján co título "Claves para unha visión atlántica da pintura de Laxeiro".

O acto de inauguración prevista para ás 18.00 horas, asisten ademáis do concelleiro de Cultura o secretario da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez; o xerente da mesma , Javier Buján; o director do Instituto Cervantes en Lisboa, Manuel Fontán Junco e o embaixador de España en Portugal, Carlos Carderera Solé.

Con esta exposición, a Fundación Laxeiro completa o seu programa de exposicións itinerantes no exterior de Galicia, do artista galego, comezando coa mostra antolóxica que co título "Laxeiro, un vangardista de vocación atlántica" podese ver no CAAM, nas Palmas de Gran Canarias, ata o próximo día 18 de maio.