O transporte público de Vigo recibe os certificados de calidade e de xestión ambiental
O alcalde, Lois Castrillo, asistiu ao acto de entrega das distincións Aenor concedidas a Vitrasa, a concesionaria do transporte colectivo de viaxeiros, polo cumprimento das normas de calidade e medio ambiente.
Castrillo sinalou que Vigo ten un dos mellores servicios públicos de transporte urbán, á altura de calquera cidade en canto a calidade, cobertura, comodidade, seguridade e protección do ambiente. "Vigo incorpórase a ese conxunto de cidades que apostan polo desenvolvemento sostible, entendido como un concepto moderno en Europa mediante o investimento no transporte público para sacarlle todo o zume ao prego de condicións", destacou o alcalde.
"Agora son retos fundamentais o control semafórico, a rapidez dos traslados e aumentar o número de viaxeiros restados ao vehículo privado, así como conseguir un transporte de carácter metropolitano que son obxectivos compartidos entre o Goberno e a empresa Vitrasa", afirmou Castrillo.
O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte, Xaquín de Acosta, dixo que "nun principio houbo que frear a estrepitosa caída que tiña o transporte público que perdera millón e medio de viaxeiros de 1997 a 1999, cando había tacos de papel a modo de bonobús que caducaban aos dous meses e era preciso estar empadroado no municipio para conseguilos". "Coa universalización do bonobús e a atención das demandas dos colectivos universitarios e veciñais, o Concello apostou de forma decidida como se comproba cun investimento previsto para 2003 de 4.820.000 euros nos orzamentos municipais", dixo De Acosta.
No 1999 era o 30% dos usuarios os que utilizaban o bonobús fronte ao 70% da actualidade. Co sistema de remodelación de liñas e a aplicación das novas tecnoloxías á xestión incrementouse ata 19.500.000 o número de usuarios na actualidade.
As normas Une-En Iso 9001:2000 e 14001:1996 concedéronselle a Vitrasa por dispor dun plan de investimentos ambicioso ao servicio dos cidadáns. Tejura Álvarez dixo que a flota de Vitrasa é a envexa de Galicia e das mellores de España cunha media de idade da flota por baixo dos seis anos desde que se renovou a concesión e o 50% dos autobuses dispoñen de plataforma baixa para facilitar a accesibilidade. O plan de formación continua do persoal, a frecuencia e fiabilidade das liñas, a flexibilidade e comodidade, imaxe e limpeza, trato do conductor e seguridade foron os factores analizados á hora de conceder a distinción de calidade. Sinalou tamén a preocupación empresarial por dispoñer das novidades en transporte que reducen a contaminación ambiental.
Aenor é unha entidade dedicada ao desarrollo da normalización e a certificación (N+C) en todos os sectores industriais e de servicios. Ten como propósito contribuír a mellorar a calidade e a competitividade das empresas, así como protexer o medio ambiente.