Escoitar

Xornada "O teu parque, un espacio para a túa bici" en Castrelos

A Concellería de Montes, Parques e Xardíns e a asociación "A golpe de pedal", organizan unha xornada lúdica-educativa para os cativos. Será o sábado, 10 de maio, de 16:00 a 20:00 horas no parque de Castrelos.

venres, 9 mai 2003
O sábado 10 de maio a asociación "A golpe de pedal" e a Concellería de Montes, Parques e Xardíns desenvolverán diversas actividades dirixidas ós rapaces e rapazas no parque de Castrelos. As actividades foron programadas para fomentar o uso da bicicleta na nosa cidade. Outro obxectivo é ensinar o uso adecuado da bicicleta no entorno urbán.

As actividades consistirán nun circuito de seguridade vial, nunha proba de habilidade e nun taller de reparación, entre outras. Teñen un carácter lúdico-educativo para que os rapaces, a través do xogo, aprendan a facer bo uso das súas bicicletas sempre respectando o seu entorno, como neste caso o parque de Castrelos.

O concelleiro Henrique Viéitez e o presidente da asociación "A golpe de pedal", José Manuel Súarez, convidaron os nenos e nenas a que acudan o sábado, 10 de maio, a partir das 16:00 horas á entrada principal do parque de Castrelos para que disfruten dunha tarde única.