Escoitar

Avento actúa esta fin de semana en San Miguel de Oia

Representará a obra "¿Quen matou a Mari Lauri?" dentro do programa Vigo a escena.

venres, 9 mai 2003
O grupo Avento volve esta fin de semana ós escenarios vigueses coa montaxe "¿Quen matou a Mari Lauri?" que vai representar ás nove e media da noite na Asociación de Veciños San Miguel de Oia dentro do programa Vigo a escena, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.

Benito A. Correa, Xoán Abreu, Carlos R. Roca, Juancho Ferrón e Marcos Alonso Costas son os intérpretes desta comedia que foi estreada no ano 1996, e que ten recibido numerosos premios, entre os que destacan o primeiro Premio á mellor dirección Reinosa 1997, o Premio ó Mellor actor de reparto Reinosa 1997, ou o primeiro Premio no festival de Teatro Afeccionado de Cabana no ano 1999.

A montaxe relátanos a historia dunha rapaza de dezaséis anos que aparece asasinada en estrañas circunstancias. A resolución do crime e a búsqueda do asasino convértese nun misterio. A Policía, dado a dificultade do caso e a falta de probas, pistas e testemuñas para esclarecelo, decide pechar a investigación. Catro señoras detectives con experiencia nula deciden entón levar adiante a investigación e, tirando do fío, dan co principal sospeitoso: un enxeñeiro xenético con perversas intencións.

Máis información