Castrillo chama á unidade para recuperar Vigo e a súa área dos efectos da marea negra
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, invocou a unidade das forzas sociais e económicas da cidade e da súa área para afrontar o proceso de recuperación económica e anímica de Vigo trala marea negra. O rexedor vigués xa realizou unha primeira rolda de contactos cos axentes sociais de Vigo para recoller as súas propostas. Destas entrevistas Castrillo sacou a conclusión de que o mesmo espírito de unidade que presidiu a loita contra a marea negra se mantén na hora de traballar para frear o impacto económico do desastre.
O alcalde vigués mantivo reunións xa con representantes empresariais, sindicais, hosteleiros, comerciais e do sector pesqueiro. Todos eles están de acordo na conveniencia de desenvolver unha campaña de promoción de Vigo e da súa área que contribúa a paliar os efectos negativos da marea negra. O Concello vai desenvolver esa campaña en duas vertentes, unha interna, dirixida a vencer o sentimento de desánimo da poboación, e outra externa, orientada a atraer visitantes ás Rías Baixas e a recuperar a imaxe de Vigo como cidade de referencia na pesca, no turismo e na actividade comercial e industrial.
Castrillo explicou tamén que existe consenso na necesidade de rexenerar canto antes o ecosistema do Parque Nacional das Illas Atlánticas e potenciar a imaxe de Cíes como símbolo do atractivo turístico das Rías Baixas. O Concello está traballando de forma coordenada con Parques Nacionais e coa Consellería de Medio Ambiente para limpar as praias e os fondos mariños das illas.
Na liña de apoiar ao sector turístico e comercial de Vigo, pedirase a participación de todas as institucións na promoción de eventos feirais, da oferta cultural da cidade e nos programas de recuperación do Barrio Histórico.
Os axentes sociais da cidade están tamén de acordo en esixir das administracións que se aceleren proxectos de infraestructuras como: o segundo cinto de circunvalación, a construcción do Pazo de Congresos, a ampliación do aeroporto, a conexión ferroviaria de alta velocidade ou a reforma da autovía Vigo-Porriño. Tamén hai coincidencia á hora de reclamar que se manteñan as axudas económicas aos sectores directamente afectados pola marea negra e que se creen incentivos para a implantación de empresas nas comarcas máis prexudicadas. O alcalde comparte a opinión dos sindicatos de que só se conseguirá evitar a perda de postos de traballo facendo crecer a economía da cidade con novos investimentos.
Todas estas medidas serán efectivas, en opinión do alcalde, se se consigue o máis importante: poñerlle punto final ás mareas negras, buscando unha solución que erradique o risco de vertidos do Prestige.
Descargar todas as imaxes