Festas e Animación Sociocultural inicia a cuarta edición do Vigocreque
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o Vigocreque 2003, un circuíto de monicreques para toda a familia, que percorrerá os barrios de Vigo con catro montaxes teatrais durante xaneiro e febreiro. A primeira cita será o 12 de xaneiro ás 18:00 en Coruxo.
A compañía Spaghetti Títeres ofrecerá dous espectáculo para tódolos públicos, ”Chímpete Chámpata” e ”Cinco historias para unha man”. A compañía Pablo Nojes representará ”Un día con coche” e ”Que pasa na praza”.
Pablo Nojes amosou os novos títeres creados para ”Un día con coche” e explicou que se trata dunha fabulosa e divertida aventura de Fritz, un títere que é capaz de todo por atopar o seu amor, ata de conducir un coche por todo o planeta con só axuda dun manual de instruccións. Un espectáculo cheo de fantasía e ao mesmo tempo unha vía rápida para introducir os nenos e non tan nenos no tema da educación viaria para peóns e conductores.
As técnicas utilizadas nesta montaxe son títeres de mesa, de variña e teatro negro. Os intérpretes son Carla Expósito e Pablo Nojes.
Descargar todas as imaxes