O Concello implanta servicio de autobús cada media hora ao hospital do Meixoeiro
O vindeiro luns día 13 ponse en marcha a nova liña 12-A (Meixoeiro-Coruxo). Desta forma establécese un servicio de transporte público que unirá cada media hora todo o centro da cidade co Hospital do Meixoeiro. Ademais, esta liña servirá para mellorar as comunicacións dos veciños de Coruxo co centro da cidade, xa que chegará ata a vella estación do tranvía da parroquia.
A liña 12-A parte de Coruxo e percorre a Avenida Castelao ata a praza de América. Continúa despois por Camelias ata o Paseo de Alfonso. Logo ascende por Colón e Urzaiz ata a praza de España, para dirixirse finalmente ao Hospital do Meixoeiro. A súa implantación permite regularizar o servicio de autobús urbano entre o Meixoeiro e o núcleo central de Vigo.
Melloras no transporte público urbano en Castrelos e Matamá
O vindeiro luns tamén comezará a funcionar a liña 21, que substitúe ás antigas R-13 e 21. Coa súa posta en marcha ofrecerase servicio de autobús urbano a puntos da parroquia de Castrelos que ata agora carecían del. Asemade, esta liña garante un enlace cada hora entre o centro de saúde das Carneiras e o núcleo urbano da cidade.
A liña 21 terá o seu punto de partida en Colón e circulará pola praza de España, a estrada provincial, Sárdoma, Castrelos Costa, e A Falcoa ata Carneiras. Nese punto divídense as expedicións. Unhas chegarán ata Balsa (Matamá) e outras ata Pouleira.
O proceso de reforma de liñas do transporte público de Vigo concluirá a finais de mes con cambios que suporán melloras nos servicios que se lle ofrecen a Teis e á parroquia de Saiáns.