Persoal municipal recolle pequenas bolas de fuel en praias de Vigo
Traballadores dos servicios municipais recolleron pequenas bolas de fuel que o mar arrastrou ata praias viguesas, probablemente dende os fondos de Cíes. Estas bolas, do tamaño aproximado dun garabanzo, chegaron aos areais do Vao, Foz do Lagares, o Portiño e Fuchiños empurradas polo mar de fondo entre algas e outros materiais.
O traballo de recollida está a ser realizado por persoal municipal e, debido a que non se desbota unha nova chegada de fuel durante as próximas horas coa subida da marea, tamén se realizan labores de vixilancia. O Concello recoméndalles aos cidadáns que non camiñen por estas praias para evitar que coas súas pisadas poidan inadvertidamente soterrar algunhas destas bolas.