Escoitar

Os sindicatos piden que o Concello inclúa nas reivindicacións ao Goberno medidas de emprego

mércores, 8 xan 2003
imx2196.jpg
Xuntanza
O alcalde, Lois Castrillo, comezou a rolda de contactos cos axentes sociais e económicos de Vigo co fin de artellar propostas conxuntamente para paliar os efectos da marea negra. Esas propostas trasladaránselles aos gobernos central e autonómico. Trala xuntanza cos sindicatos, reunirase con representantes da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios, da Federación de Comerciantes e da Asociación de Hostaleiros.

Representantes dos sindicatos UXT, CIG e CCOO reuníronse hoxe co alcalde para expoñerlle o seu parecer sobre as medidas que se deben adoptar de xeito urxente e as necesarias a medio e longo prazo. Establecer un plan integral para reactivar as zonas afectadas e o impulso a obras infraestructurais como o segundo cinto de circunvalación, a ampliación do aeroporto, a mellora da autovía Vigo-Porriño, a supresión da peaxe de Rande ou a saída sur do tren de alta velocidade son algunhas das cuestións que, segundo os sindicatos, deben ser esixidas ao Goberno central.

Os sindicalistas sinalaron a necesidade de adoptar medidas concretas para potenciar o emprego tralas repercusións da marea negra que está a provocar un lento deterioro no ámbito laboral. Neste sentido, amosáronse preocupados polo que poida acontecer durante os próximos anos en canto á falta de emprego e paralización de mercados debido á perda de imaxe dos productos a pesar de que os sindicalistas non consideran o problema como exclusivo do sector pesqueiro.
Descargar todas as imaxes