O alcalde pídelle ao Goberno que conte con Vigo para decidir as medidas compensatorias da marea negra
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, reclamoulle ao Goberno que consulte aos concellos do sur de Galicia as medidas compensatorias pola marea negra. Castrillo considera que o Goberno central non só debe ocuparse de rexenerar as zonas do litoral contaminadas e de compensar aos sectores directamente afectados, senón que ademais debe poñer en marcha accións estratéxicas que faciliten o desenvolvemento económico de toda Galicia. O alcalde vigués esixe que antes de aprobar medidas deste tipo se consulte aos concellos afectados e sinala que sería un grave erro marxinar ao sur de Galicia no reparto de axudas ou investimentos.
Castrillo vai comezar unha rolda de consultas cos axentes sociais e económicos de Vigo coa finalidade de artellar un conxunto de propostas que a cidade lle trasladará aos gobernos central e autonómico. O alcalde vigués anunciou que esas propostas seguirán tres liñas de actuación: a recuperación ambiental do litoral: o apoio económico aos sectores máis afectados pola marea negra: e o impulso a proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico de Vigo e a súa área.
Lois Castrillo opina que o desastre do Prestige contribuiu a poñer de manifesto o abandono no que o Estado ten a Galicia. Por iso cre que xa é hora de que se destinen fondos públicos a proxectos que permitan recuperar e potenciar a economía da nosa comunidade. Castrillo referiuse á necesidade de que se aceleren obras de infraestructuras estratéxicas para a área de Vigo como o tren de alta velocidade ou a ampliación do aeroporto. Tamén falou da importancia de aplicar con urxencia un plan de recuperación e promoción do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O alcalde de Vigo pretende que o Consello Económico e Social sexa o que aprobe as propostas que se trasladarán despois aos gobernos central e autonómico. A súa intención é animar aos concellos das Rías Baixas a sumarse a esas peticións para reivindicar conxuntamente medidas que axuden a paliar os efectos negativos da marea negra e a relanzar a economía do sur de Galicia.
Descargar todas as imaxes