Continúan as obras de humanización do Calvario e da rúa Progreso
Rematadas as festas de Nadal, reinícianse as obras de humanización que se estaban a desenvolver no Calvario e na rúa Progreso. A continuación destes traballos motiva a adopción de diversas medidas de reordenación do tráfico nas zonas afectadas.
No Calvario, afróntase agora a segunda fase das obras de humanización da rúa Urzaiz, que abrangue dende a área que xa foi reformada ata a rúa Gregorio Espino. Por este motivo, hoxe quedou cortado ao tráfico o treito de Urzaiz comprendido entre as rúas Doutor Carracido e Gregorio Espino. Este corte de tráfico leva consigo a adopción doutras medidas, como o cambio de sentido de circulación nas rúas Doutor Carracido e Numancia. Doutor Carracido terá sentido único ata Urzaiz dende a rúa Andalucía e Numancia terá sentido único cara a Urzaiz dende Jenaro de la Fuente. Por estas duas ruas facilitarase o acceso dos residentes aos garaxes dos edificios.
A segunda fase da Humanización do Calvario consistirá en extender ata o cruce con Gregorio Espino o mesmo tratamento que se lle aplicou á rúa Urzaiz no seu treito superior: renovación das canalizacións, colocación de pavimento de pedra, ampliación de beirarrúas e colocación de arborado e novo mobiliario urbano. O presuposto dos traballos desta segunda fase é de 654.210 euros.
Na rúa Progreso, os traballos de humanización reiniciaranse mañá mércores. Nesta fase, as obras abranguerán o treito comprendido entre Velázquez Moreno e Eduardo Iglesias. Esa parte da rúa quedará pechada ao tráfico mentres se executen as tarefas de renovación dos servicios e colocación do novo pavimento de pedra. O tratamento será semellante ao que se lle deu á rúa Progreso na parte posterior ao Museo de Arte Contemporánea. O presuposto total da obra é de 409.638 euros e o tempo de execución estimado é de dous meses.
Para darlle continuidade ao tráfico procedente de María Berdiales vaise habilitar dobre sentido de circulación pola Ronda D. Bosco ata Eduardo Iglesias. Os vehículos que baixen por María Berdiales poderán ascender pola Ronda e regresar de novo a Progreso por Eduardo Iglesias. Para facilitar a circulación por esa rúa eliminarase o estacionamento na marxe esquerda. O acceso aos garaxes de Progreso habilitarase tamén por Eduardo Iglesias.