Escoitar

Programa de actividades con motivo do 90 aniversario de Fernández del Riego

venres, 3 xan 2003
imx2187.jpg
Fernández del Riego
A Concellería de Cultura rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego cunha exposición titulada “Unha lenda viva” que se poderá ver do 7 de xaneiro ao 2 de febreiro na Casa Galega da Cultura. No acto de inauguración presentarase o libro “Desde a miña fiestra”.

“Don Paco representa o futuro de Vigo, porque se queremos facer unha cidade do século XXI, teremos que predicar as súas virtudes, convertendo a Vigo no faro cultural que Galicia necesita no século que xa empezou e que supón o triunfo da sociedade do coñecemento”, explicou o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.

A mostra poderá visitarse de luns a venres de 18:00 a 21:30, os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Descargar todas as imaxes