Cultura iniciou as actividades e visitas guiadas na mostra sobre Pacheco
A Concellería de Cultura iniciou o programa didáctico de visitas comentadas e de actividades na mostra “Pacheco. A memoria dun tempo e dun país”. A iniciativa diríxese dunha banda, a colectivos e asociacións sensibles coa historia da cidade, e da outra, a familias, buscando a participación dos seus maiores. Asemade, o público xeral disporá das explicacións de guías especializados no tempo que estea aberta a exposición, entre as 19:00 e as 20:30 horas.
Dado que para os vigueses as fotografías saídas do estudio de Pacheco constitúen a memoria vivida da súa historia, as visitas guiadas prestarán unha especial atención ás asociacións e aos centros da terceira idade, pretendendo que coas súas lembranzas fagan da mostra unha actividade dinámica. Os itinerarios contan cunha duración aproximada de 90 minutos, admitindo un máximo de 40 persoas en cada grupo.
Durante o Nadal e as fins de semana, as familias con nenos a partir de 6 anos dispoñen dunha oferta formativa e de ocio que ten como esixencia única a de ser vivida polo núcleo familiar. Polas características desta mostra na que se lembra o Vigo antigo, perséguese que os nenos coñezan a carón dos seus familiares o seu pasado máis recente: as paisaxes, o urbanismo, os oficios, os costumes, a industria, a emigración, o mar...
As actividades cos avós organízanse en torno ás vivencias dos maiores convertidos en narradores nun espacio ambientado para tal fin, seguindo o guión da exposición.
Os exercicios para familias abranguen tanto visitas comentadas de media hora, como percorridos polos elementos de ambientación ou o material gráfico co apoio de dous monitores.
Posteriormente, a partir do 13 de xaneiro principiarán as actividades deseñadas para os centros escolares. O traballo cos nenos incluirá a manipulación e experimentación con materiais gráficos, a vinculación xeográfica das imaxes, a caracterización social dos retratos e o desenvolvemento da capacidade de observación.
Descargar todas as imaxes