Escoitar

Santa Eulalia Atios-Porriño resultou gañadora do concurso de rondallas de Vigo

xoves, 2 xan 2003
O XXII Concurso de rondallas celebrado o 1 de xaneiro no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas tivo como primeira clasificada á rondalla de Santa Eulalia Atios-Porriño.

A rondalla gañadora obtivo 130 puntos e un premio de 2.110 euros, a segunda clasificada foi a rondalla da SCD Helios de Bembrive, con 129 puntos e 1.810 euros e a terceira clasificada foi a rondalla da AVCU-CSCR de Beade, con 126 puntos e 1.210 euros de premio.

Ademais, houbo un premio especial de 300 euros para o conxunto de abandeirados que recaeu na rondalla da SCD Helios de Bembrive.

As outras nove rondallas participantes recibiron 750 euros pola súa participación: ademais, as
tres primeiras clasificadas tamén percibiron 750 euros por tomar parte na Cabalgata de Reis 2003.