Escoitar

A concellería de Festas colabora con AETRAVI na organización da Festa de Fin de Ano

luns, 30 dec 2002
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural colaborará un ano máis na organización da Festa de Fin de Ano que programa a Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas, e que se vai celebrar o día 31 a partir das once da noite nese barrio da nosa cidade.

Unha hora antes da chegada do novo ano comezará a festa, con música megafónica e reparto de uvas gratis a tódolos asistentes.

Ás 12 da noite as badaladas do carrillón do Instituto Santa Irene anunciarán a entrada do novo ano, e de inmediato farase unha tirada de fogos artificiais.

A verbena estará amenizada polas orquestras Riarosa e Festival, e vaise prolongar ata as seis da mañá.