25.000 persoas asentan o Are-More como seña de identidade viguesa
A terceira edición do Festival de Música de Vigo Are-More conseguiu unha audiencia de 25.000 persoas, segundo os datos presentados en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura Carlos Príncipe e o director do Festival Roberto Relova. O certame converteuse segundo os seus organizadores nunha seña de identidade máis dos vigueses, conxugando calidade e unha política de prezos asequible para tódolos públicos.
Príncipe considerou cumpridos os obxectivos do festival, en boa medida gracias ao público, do que salientou a participación e ao “que unha figura da talla de Teresa Berganza cualificou como superior ó de Salzburgo”. O concelleiro de Cultura afirmou que o resultado da terceira edición do Are-More superara tódalas expectativas “obrigándonos a ampliar as representacións da ópera dirixida a nenos, unha iniciativa única en Galicia, na que participaron 3.000 escolares”. No mesmo senso, o director do festival Roberto Relova, subliñou o “labor de reeducación musical desenvolvido, que se reflectiu nun aumento de consultas verbo das inscricións na Escola Municipal de Música”.
Verbo de vindeiras edicións, o concelleiro de Cultura, adiantou que se manterán as datas de celebración, xa que “non é a nosa intención competir con outros festivais, senón buscar unha identidade de seu, na que a diversidade é un dos puntos fortes”.
A terceira edición do Festival Are-More conxugou música antiga, con jazz, folclore e ritmos contemporáneos, contando cun presuposto de 900.000 euros patrocinados nun 50%.
Os concertos celebráronse na súa maioría en Vigo, pero tamén na vila de Mondariz, “algo senlleiro en Galicia”, segundo os seus organizadores.
Descargar todas as imaxes