Escoitar

Actividades didácticas en torno a Pacheco

xoves, 26 dec 2002
imx2169.jpg
Unha das fotografías expostas
A concellería de Cultura organiza un programa de actividades didácticas para dar a coñecer a exposición fotográfica ” PACHECO. A memoria dun tempo e dun país” que se amosa na Casa das Artes ata o 26 de xaneiro. O programa didáctico ten unha dobre vertente: por unha banda, farase unha visita guiada á exposición para grupos e asociacións: e, pola outra, realizaranse actividades con grupos familiares (adultos e nenos, conxuntamente) e cos centros escolares.

A relación do fotógrafo Jaime Pacheco coa cidade de Vigo prolongouse durante todo o século XX na figura dos seus descendentes, que mantiveron o estudio de fotografía ata 1994.Pacheco é para os vigueses a memoria vivida da cidade, pois polo seu estudio pasaron varias xeracións das familias de Vigo co fin de que recollera coa súa cámara os fitos das súas vidas.

A programación didáctica da mostra sobre Pacheco pretende dar a coñecer ós máis novos todo un século de acontecementos históricos, económicos e sociais. Tamén contarase coa presencia de adultos que, polas especiais características da mostra e polas súas experiencias vividas, contribuirán a facer desta exposición unha actividade dinámica.

Prestarase unha especial atención ó papel das persoas maiores, ás que pretendese integrar tanto nas visitas guiadas como nas actividades para familias do período do nadal e das fins de semana.

Actividades escolares
Dirixidas ó segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Desenvolveranse do 13 ó 24 de xaneiro de 2003 de luns a venres, en horario de 9.30 a 11.00 h e de 11.30 a 13.00 h, previa concertación.

Actividades para familias
As actividades tratarán de dar a coñecer ó grupo familiar a historia da cidade e os fundamentos da fotografía. Os nenos virán acompañados polos seus familiares. É desexable contar para esta actividade coa presencia dos avós, ou outro familiar maior, cos que poderán compartir experiencias. Desenvolverase nas vacacións de nadal e fins de semana do 28 de decembro de 2002 ó 26 de xaneiro de 2003. En horario de 12.00 a 13.30 h. Número de persoas por grupo será dun máximo 30 ,previa concertación.
Descargar todas as imaxes