Escoitar

Acordos do pleno

luns, 23 dec 2002
A corporació municipal aprobou, no pleno celebrado o pasado sábado, a cesión dunha parcela municipal de 6.670 m2 situada no cuartel de Barreiro, na parroquia de Lavadores, á Caixa Galicia para construcción e xestión dun centro xeriátrico. Entre outros temas aprobouse tamén o prego de condicións técnicas do servicio público de contenerización, recollida e transporte de materiais reciclables de residuos sólidos urbanos. Este servicio proverá de contenedores específicos para despositar envases, vidro, papel, cartón e pilas.

Os concelleiros aprobaron a revisión das novas tarifas do servicio público de transporte urbano c olectivo e taxi que entrarán vigor en xaneiro de 2003. O billete ordinario de autobús costará 0,87 euros: o bono bus normal 0,60 euros: o bono estudiante 0,57 €: o universitario 0,43 e os bonos pensionista 0,36 € e 0,40 euros.

As tarifas do taxi quedan para o próximo ano para días laborables en 2,23 € a mínima (1.800 metros e/ou 5,10 minutos): 0,58 euros km percorrido: hora de espera 12 € : suplemento aeroporto 2,81 € e maletas e vultos 0,36 euros.

O pleno acordou o comezou da tramitación do expediente necesario para modificar a ordenanza de zonas verdes recollida no Plan Xeral de Ordenación Urbana. O obxectivo é o de facilitar a construcción de aparcamentos públicos baixo zonas verdes en determinadas condicións.

A modificación é imprescindible para que se poidan crear máis prazas e aparcamento nas zonas da cidade onde existe unha evidente carencia. Quedarían excluídas da posibilidade de albergar garaxes soterrados aquelas zonas verdes da cidade que contan cun rexime especial de protección como é o caso da Alameda da praza de Compostela ou os parques de Castrelos, A Guía ou O Castro. A nova normativa esixirá o mantemento dos espacios axardinados na superficie nos lugares onde se constrúan os novos aparcamentos.

Este cambio do Pxou permitirá a execución, entre outros proxectos, dos aparcamentos que o Concello e o Consorcio da Zona Franca prevén ubicar na zona do Areal e a carón da rúa Pintor Colmeiro.

Por aclamación o pleno aprobou nomear unha rúa ou praza co nome do que fora presidente da Cámara de Comercio de Vigo, Fernando Conde Montero-Ríos.