Escoitar
O programa diríxese a preadolescentes e adolescentes

”Tardes Vivas” arrinca con 25 actividades

venres, 20 dec 2002
Obradoiros de pintura en vidro, cómics, xogos de mesa ou globoflexia son algunhas das actividades coas que se inicia ”Tardes Vivas”. O programa, organizado pola Concellería de Xuventude pretende ofrecer aos preadolescentes e aos adolescentes lugares de encontro pero tamén formas alternativas de lecer.

O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez presentou a iniciativa como experimental ”a espera de avaliar cantos rapaces se acheguen para decidir se se amplía nos días de celebración, comeza realizándose só os sábados, e ó longo do ano, facéndoa permanente”.

Respecto á idea do programa, Domínguez explicou que ”en vista do éxito de Noites Vivas, no que participaron nesta última etapa ata o momento 7.000 mozos: vimos a posibilidade de dirixir a idea a preadolescentes e adolescentes, ben que adaptando os talleres e as actividades”.

Pese a non establecer un límite de idade, os exercicios formativos que se desenvolverán nas seis sedes de Tardes Vivas diríxense á franxa de idade que va dos 12 aos 16 anos. O contido dos obradoiros determinouse en colaboración con novos e asociacións xuvenís permitindo que os menores deseñen os seus propios circuítos, segundo as súas preferencias. Dunha banda, preténdese ofrecer formas de ocio alternativas ó consumo de alcohol ou estupefacientes: da outra ofrecer un punto de encontro, ”un lugar no que poidan ler ou simplemente falar cos seus amigos, explicou o concelleiro”.