Escoitar

Clausura do festival Are-More con Ensemble Elyma

xoves, 19 dec 2002
A estrea da ópera ”A virtude das frechas do amor” de Cavalli porá o punto final a esta edición do festival Are-More. O concerto, que ademais servirá para conmemorar a Batalla de Rande, celebrarase o 20 de decembro ás 20:30 no Cine Fraga-Caixa Galicia.

Composto por cantantes e instrumentistas especializados nas músicas latinas do Renacemento e da época barroca, Elyma participa dende hai anos no redescubrimento de músicas antigas do vasto Imperio hispano americano, ó igual que na interpretación do repertorio italiano do século XVII, con especial dedicación á obra de Monteverdi.

O termo Elyma é empregado nun texto de Sófocles para designar unha frauta de buxo adornada cunha embocadura de coiro... Pero a palabra, nalgúns antigos textos gregos significa dun xeito máis xeral, unha especie de planta forraxeira semellante ó millo, da que o talo servía para fabricar frautas, designando logo por metonimia a frauta en si mesma. É así como H. Cardamuns, teórico musical italiano, emprega este termo para designa-la frauta doce a mediados do século XVI.

Fundado en Xenebra en 1981, e dirixido dende entón por Gabriel Garrido, o conxunto Elyma deuse a coñecer como un grupo de investigación de interpretación sobre a frauta doce e o seu repertorio histórico. Despois, á luz de traballos musicolóxicos cada vez máis fructíferos, a formación ampliouse rapidamente para abordar un vasto repertorio antigo e barroco. A composición do Ensemble varía a fin de devolver á música abordada a súa autenticidade temporal e cultural.

PROGRAMA