O Concello de Vigo ofrécelle voluntarios á Xunta de Galicia
O alcalde, Lois Castrillo, ofreceulle os voluntarios inscritos no Concello de Vigo á Xunta de Galicia tralo anuncio da coordinación dos labores de limpeza do litoral.
Castrillo envioulle unha carta á titular da Consellería de Asuntos Sociais, Corina Porro, na que di que o Concello de Vigo leva tres semanas inscribindo voluntarios dispostos a participar nas tarefas de limpeza da costa. Nestes momentos hai rexistrados ao redor de 9.000 persoas que son chamadas para efectuar, convenientemente equipadas, os traballos de recollida de fuel nas illas Cíes. Tamén ofreceron a outros concellos galegos a posibilidade de contar con estes voluntarios pero declinaron esta posibilidade.
Ante o anuncio de que a Consellería de Asuntos Sociais vai coordinar, por fin, o voluntariado da comunidade, o Concello de Vigo bríndalle a posibilidade de colaborar coa Oficina Municipal de Voluntariado.
A oficina viguesa poría os seus voluntarios sempre que existise un compromiso de que a Xunta de Galicia aportase o equipamento necesario para desenvolver as tarefas de limpeza. O alcalde manifestou tamén que a persoa coa que deberían coordinarse, no caso de aceptar a oferta, é Mariló Cabaleiro, responsable da Oficina Municipal do Voluntariado.
Solidariedade cos patróns en folga de fame
Castrillo envioulles tamén telegramas de solidariedade aos patróns das confrarías do Grove e Cangas do Morrazo que se puxeron en folga de fame para esixir medios para combater a marea negra. O alcalde expresoulles que comparte as súas reivindicacións e deulles ánimos nesta medida.
Descargar todas as imaxes