Belén Sío anima os vigueses a comprar os productos elaborados por discapacitados
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, inaugurou a carpa instalada na rúa do Príncipe con productos manufactureiros elaborados por persoas discapacitadas. No acto estiveron a directora sociocultural da Obra Social de Caixa Galicia e o presidente da Asociación de Comerciantes Zona Príncipe.
Belén Sío sinalou que os productos que poñen á venda dentro da campaña ”De boa man” son froito do traballo desenvolvido por persoas con discapacidade durante todo o ano nos talleres das asociacións San Francisco, APAMP, ASPANAEX, DOA, Fundación Menela e San Rafael. A concelleira solicitou a participación e apoio dos vigueses para que compren estes productos.
A directora sociocultural da Obra Social de Caixa Galicia, María Luísa André, destacou que esta é unha mostra máis de que a entidade está preto das asociacións co fin de motivar as persoas con problemas físicos e psíquicos para que os visitantes á instalación poidan valorar de maneira especial o seu traballo. Caixa Galicia financiou este evento con 6.000 euros.
O presidente da Asociación de Comerciantes Zona Príncipe, Cándido Rial, afirmou que é un privilexio axudar os máis desfavorecidos coa compra de productos que contribuirán a unha causa social.
Productos elaborados con papel reciclado, cartón-pedra, cerámica, madeira e teas son algúns dos que se poden adquirir para facer agasallos nestas datas.
Descargar todas as imaxes