Escoitar

O IFEVI encarga a ampliación do recinto feiral

martes, 17 dec 2002
imx2140.jpg
Padroado do Ifevi
O Padroado do Instituto Feiral de Vigo acordou encargar a Construcciones Conde a redacción do proxecto técnico de ampliación do recinto feiral. A empresa, seleccionada entre as nove ofertas que se presentaron ao concurso convocado ao efecto, disporá de 30 días hábiles para a elaboración do proxecto.

Construcciones Conde encargoulle os traballos de redacción do proxecto ao estudio dos arquitectos Salvador Fraga, Francisco García Quijada e Manuel Portolés. O novo pavillón do IFEVI terá 65 metros de ancho e 145 metros de longo e construirase a carón do actual recinto expositivo. O pavillón terá estar conectado aos xa existentes e deberá poder funcionar tamén de maneira independente para facilitar a celebración de varios eventos simultaneamente. O seu custo aproximado é de 6 millóns de euros.

O novo recinto disporá de bancadas móbiles con capacidade para 10.000 persoas e dunha zona de palcos para 800 persoas, de forma que poida albergar concertos ou eventos deportivos. A instalación tamén terá que estar climatizada, dispor dun acondicionamento acústico e dotada de modernos sistemas de comunicacións.
Descargar todas as imaxes