”A Mostra das Alternativas” presenta novas tendencias de consumo
”A mostra das alternativas”, organizada pola Asociación Vigonatura, pretende aglutinar novas tendencias de consumo que non se atopan nos circuítos comerciais habituais que se poderán adquirir do 17 de decembro ao 7 de xaneiro na praza do mercado do Progreso. A mostra presentouse hoxe pola concelleira de Comercio e Turismo, Lilian Álvarez, o director da Asociación Vigonatura, Txema Pascual, e o presidente da Asociación de Comerciantes da Zona Centro, Ángel Méndez.
A mostra conta con artesanía, instrumentos musicais, roupa, xoguetes, mobiliario, artes de vangarda, comercio xusto, alimentos naturais, libros, pedras e minerais. O evento preséntanse tamén como un espacio lúdico, cultural e participativo no que haberá actuacións de malabaristas, contacontos, teatro, obradoiros de percusión, pallasos e marionetas, entre outros. Neste senso o director da mostra, Txema Pascual, salientou o protagonismo que se lles quere dar aos máis novos ”como punto de encontro para comprar algo diferente ou acudir a algúns dos moitos espectáculos que se ofrecerán especialmente para eles”.
A concelleira de Turismo e Comercio, Lilian Álvarez, manifestou que coa mostra se pretende tamén dotar dun maior atractivo a esa zona, sen que supoña prexuízo algún para os comercios da cidade.
O horario comercial da mostra é de 10.30h. a 21.30h.
Descargar todas as imaxes