Aprobado o proxecto para controlar as augas do Lagares
A Comisión de Goberno do Concello de Vigo aprobou o proxecto para a creación dun sistema de control de calidade das augas do río Lagares. Con este sistema o Concello pretende facer un seguimento permanente do estado da auga do río e detectar posibles vertidos incontrolados para poder erradicalos e sancionar aos causantes.
O sistema consiste na instalación de equipos automáticos de medición e transmisión de datos en cinco seccións do río. Estes equipos disporán de tomamostras automáticos para análises en laboratorio. Cada unha das estacións de medición publicará os datos obtidos en tempo real nunha plataforma web accesible para o Concello, Augas de Galicia e a Universidade. Cando as medicións rexistren algún tipo de contaminación activaranse os tomamostras automáticos e o equipo difundirá as alertas mediante correos electrónicos e mensaxes de texto curtos a teléfonos móbiles.
A creación deste sistema é producto dun convenio asinado polo alcalde de Vigo, Lois Castrillo, co conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, e co presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, Vicente Pan-Montojo. Nese convenio, Augas de Galicia comprométese a licitar as obras de instalación do sistema e o Concello a xestionar o seu funcionamento. O custo do proxecto estímase en 505.000 euros, dos que Augas de Galicia aportará o 70% e o Concello o 30% restante.
O proxecto técnico deste sistema de control de calidade das augas do Lagares foi elaborado polo Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo.