Escoitar

Os tribunais impiden o comezo das obras do recheo do Areal

venres, 13 dec 2002
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou un auto no que acepta a petición do Concello de Vigo de que se decretara “a paralización cautelar das actividades de carácter físico que puideran alterar a actual situación do peirao do Areal, en canto encamiñadas a desenvolver o proxecto de obras”. Polo tanto, a Autoridade Portuaria non poderá efectuar as obras do recheo do Areal ata que a xustiza se pronuncie sobre o recurso presentado polo Concello contra ese proxecto.

O Concello de Vigo presentara, xunto co seu recurso, a petición de que se paralizase cautelarmente calquera obra derivada do proxecto de recheo do Areal impulsado pola Autoridade Portuaria. O Concello vigués alegaba motivos relacionados coa preservación do medio natural mariño e argumentaba que as obras poderían causar prexuizos irreversibles no espacio físico. O Tribunal aceptou esa solicitude considerando que, de comezar as obras resultaría difícil a reversibilidade dos prexuizos que se producirían.

Os maxistrados tamén expresan no auto as súas dúbidas sobre “a oportunidade de dispensar ao proxecto da Autoridade Portuaria unha evaluación de impacto ambiental”, extremo sobre o que deberán pronunciarse cando estudien o fondo do recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello.