O Concello tramita os proxectos de urbanización das rúas Gandarón e Severino Cobas
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou inicialmente os proxectos de urbanización das rúas Gandarón e Severino Cobas. Paralelamente estase procedendo á expropiación de terreos necesaria para afrontar a mellora destes dous viais. A principios do vindeiro ano, o Concello entregará os proxectos definitivos e os terreos á Consellería de Política Territorial para que sexa ese organismo o que licite as obras.
A urbanización destas ruas mellorará notablemente as comunicacións da parroquia de Lavadores e tamén a calidade de vida dos residentes na zona. Ademáis dotarase de mellores servicios a un bo número de empresas establecidas nesa área da cidade.
A rúa Bagunda urbanizarase ao longo de 769 metros, entre a Avenida de Madrid e a rúa Alcalde Lavadores. Contará cunha calzada de 11,20 metros de ancho e con beirarrúas de 2,40 metros. O presuposto da obra é 1.550.747 euros. A urbanización de Severino Cobas comprende un kilómetro de lonxitude. Será un vial de 16 metros de ancho con beirarrúas. O custo neste caso é de 2.027.986 euros.
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que co remate destes proxectos o Goberno municipal cumpre co compromiso adquirido hai dous anos no convenio asinado coa CPTOP. Daquela o Concello comprometérase a redactar proxectos e poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para que a Consellería executará obras en Vigo por valor de 21 millóns de euros.