Escoitar

O pianista Nicasio Gradaille actúa no Marco

mércores, 11 dec 2002
O Museo de Arte Contemporánea acollerá unha actuación gratuíta do pianista Nicasio Gradaille incluída no programa do festival Are-More. O artista interpretará sonatas e interludios de John Cage o 12 de decembro ás 20:30 horas.

Gradaille estudia piano con Natalia Lamas no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, con Cecilio Tieles no Conservatorio Profesional de Vilaseca (Tarragona) e con Peter Efler na Musik-Akademie der Stadt Baser (Basilea, Suíza) onde obtén o Diploma de Concerto (Konzertreifediplom). Asiste a cursos con Gerard Wyss, Albert Gutman, Martín Millán, Salomon Mikowski , Manuel Carra, Albert Atenelle, Jean Goverts (piano) e Martin Joste (música contemporánea).

Galardoado co Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano Xavier Montsalvatge (Gerona) de música do século XX, Primeiro Premio no Concurso Nacional de Piano Gregorio Baudot (Ferrol) e Premio Galicia (Ferrol).

Actúa como solista coas orquestras Municipal de A Coruña, Xoven Orquestra de Galicia, Sinfónica de Basilea, Sinfónica do Conservatorio de Ventspils (Letonia) e a Orquestra de Cámara do Festival Montsalvatge de A Habana, actuando en España, Portugal, Suíza, Alemaña, Letonia e Cuba.

Foi profesor de piano nos Conservatorios de Ferrol, Santiago, Vilaseca, Wettingen (Suíza), no Curso de Verán de Lucena (Córdoba) e na actualidade é profesor de piano do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

PROGRAMA