Máis de 1.000 nenos participarán na Festa do judo infantil
A Concellería de Deportes patrocina a X Festa do judo infatil, Copa Deputación-Concello de Vigo, que se celebrará o 15 de decembro ás 12:00 no Instituto municipal de Deportes das Travesas. Esta festa lúdico deportiva está organizada pola Federación Galega de Judo e o Club Vieirasa Famu de Vigo e reunirá a 1.100 judokas da provincia menores de 14 anos.
Polos 24 tatamis instalados pasarán os deportistas inscritos para demostrar ante a mirada de adestradores, familiares e amigos as ensinanzas aprendidas durante o ano. Ademais de amosaren as súas técnicas, haberá diversas exhibicións de artes marciais para conmemorar o décimo aniversario deste evento.
Entregaránselles premios aos deportistas máis destacados do Club Vieirasa Famu durante o ano 2002 que estarán representados polos compoñentes dos equipos masculino e feminino que se proclamaron campións de liga.
A festa clausurarase coa entrega de premios e agasallos para tódolos participantes e colaboradores.
Descargar todas as imaxes