Escoitar

O alcalde inaugura a nova sede do consulado de Arxentina

mércores, 11 dec 2002
imx2108.jpg
Parentini e Castrillo
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, inaugurou, en compaña do embaixador de Arxentina en España, Abel Parentini Posse, a nova sede do consulado dese país en Vigo. O Concello cedeulle á República Arxentina un local no edificio Asefal para que instalara provisionalmente nel a súa legación diplomática.

No pasado mes de maio, o goberno arxentino anunciou que ía pechar diversas legacións diplomáticas en todo o mundo, entre elas a de Vigo, debido á aguda crise económica que sofre aquel país. A Corporación municipal viguesa, nun aceno de solidariedade co pobo arxentino, aprobou unha moción na que se acordaba ceder un local ao goberno daquel país co obxectivo de que mantivera aberto o seu consulado en Vigo. Estimouse que a permanencia do consulado en Vigo, o único dese pais en Galicia, resultaba imprescindible para prestar a debida atención a milleiros de emigrantes retornados e ás numerosas empresas galegas que manteñen relacións comerciais co país austral.

Lois Castrillo comentou que, propiciando o mantemento do consulado en Vigo, o Concello está ofrecéndolle un valioso servicio a milleiros de arxentinos e de emigrantes galegos retornados, ao tempo que manifesta a súa solidariedade coa nación latinoamericana e agradecélle que fora país de acollida de milleiros de galegos durante anos. O embaixador arxentino declarouse moi compracido por este aceno do concello vigués e recordou os moitos lazos que unen a nosa cidade co seu país. Abel Parentini anunciou tamén que proximamente fará escala en Vigo o buque escola da armada arxentina.
Descargar todas as imaxes