Escoitar

Constituída a Comisión Técnica Interdepartamental do Plan Local de Drogas

martes, 10 dec 2002
Hoxe constituiuse a Comisión Técnica Interdepartamental do Concello do Plan Local sobre Drogopedencias e outras Adiccións integrada polos departamentos máis relacionados co ámbito de promoción da saúde tanto por ter desenvolvido accións neste campo ou porque poidan facer aportacións no mesmo.

O Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións ordena as intervencións que se están a desenvolver no ámbito da saúde e da súa promoción, así como de aborda os problemas en conxunto. Busca dar unha resposta conxunta, uniforme e complementaria ás demandas que a sociedade ten sobre as problemáticas relacionadas coas drogas e outras conductas aditivas.

Os departamentos municipais que forman parte da Comisión son os de servicios Sociais, promoción Económica e Emprego, Participación Cidadá, Muller, Educación, Xuventude, Deportes, Sanidade, Seguridade e Cultura. Os obxectivos que pretende a Comisión son conseguir a unidade de criterios na intervención municipal no ámbito da promoción da sáude polo que o Concello deberá adoptar criterios comúns que respeten os principios do Plan.

Os componentes da Comisión estiman a necesidade dunha postura unitaria municipal sobre as dropodependencias e adiccións, o tratamento que se fai do problema, as accións que se inician e desenvolven, o apoio que se da ás memas ou a implicación con terceiros.

As entidades que participan co Concello no Plan Local de Drogas son:
-Asociación ABSTEMIA Vigo. Asociación de Lucha contra las Adicciones
-Asociación Gallega de Jugadores Anónimos “AGAJA”
-Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga en Vigo “ALBORADA”
-Asociación Alcohólicos Rehabilitados de Vigo “A.R.V.I.”
-Asociación Solidária de Apoio DIRecto a persoas vivindo co VIH/SIDA “A.S.A.DIR”
-“ASVIDAL” Unidad Asistencial de Alcoholismo
-CÁRITAS Diocesana de Tui-Vigo
-Unidade Asistencial de Drogodependencias “CEDRO”
-“ÉRGUETE” Asociación de Axuda ós Toxicómanos
-Madres en Defensa de los Jóvenes Drogodependientes “MADRO”
-Asociación MÉDICOS DEL MUNDO- Representación Vigo
Plan Comunitario CASCO VELLO
-Plan Comunitario de TEIS
-PROXECTO HOME Galicia
-”El IMAN” grupo de apoio enfermos de Sida