Escoitar

Asinado un convenio coa Federación de Bandas de Música Populares

luns, 9 dec 2002
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, asinou un convenio coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo polo que achega a cantidade de 90.150 euros destinados a fomentar o estudio e achegar a música a xente de tódalas idades.

Esta cantidade engádese aos 117.000 euros asignados no mes de maio, explicou Isaura Abelairas. A federación integra as bandas de Matamá, Valladares, Beade, Coruxo, Oia, Candeán, Cabral, Bembrive, Caeiro e Escolas Nieto.

Este nadal organizará o Concurso de Novos Intérpretes de Vigo co obxectivo de impulsar e fomentar a afección musical e o sacrificio de estudio que os novos músicos posúen, ademais de premiar o esforzo pola súa dedicación á música.

Na federación hai 93 profesores que imparten 450 horas semanais a 1.400 alumnos de tódalas idades.