O alcalde louba a loita dos mariñeiros contra a marea negra
“Temos a mellor xente do mundo”. Con esta frase o alcalde de Vigo agradecía o traballo dos centos de mariñeiros que durante as últimas horas traballaron na boca da ría para evitar o avance da marea negra. Lois Castrillo loubou a abnegación demostrada polos integrantes das confrarías da ría e afirmou que foron eles os que conseguiron frear a progresión das manchas: “os nosos medios son o esforzo dos voluntarios que traballan no mar”.
Castrillo reiteroulle ao Goberno central a petición de que busque axuda internacional para combater as grandes manchas de fuel que aínda están fronte a costa e que poderían asolar as rías nos próximos días. “Non necesitamos voluntarios, senón medios técnicos axeitados para loitar contra a contaminación”.
O alcalde explicou que dende primeira hora da mañá está a traballar na limpeza das Cíes unha brigada de operarios municipais, que recibiu a mediodía o reforzo de 50 voluntarios equipados polo Concello. A zona afectada pola chegada de fuel é a illa sur e a parte norte da illa de Monteaguro. O fuel encóntrase principalmente entre as rochas, pero tamén tocou as praias da Cantadeira e de Figueiras.
Ata o momento puidéronse recoller unhas dez toneladas de fuel nas Cíes, pero se estima que pode haber preto de cen mil quilos.O vento alonxa nestes momentos as manchas das illas, pero non se desbota que poidan seguir chegando nas próximas horas.
Esta mañá detectáronse bolas de chapapote entre as algas chegadas á praia de Santa Baia, en Alcabre, aínda que se sospeita que non procedían do vertido do Prestige. Xa foron limpadas por persoal municipal. Tamén se despregou unha barreira para conter a posible chegada de manchas á zona do Vao.
O Concello volveu distribuír colectores e material de protección entre os mariñeiros que sairon ao mar para loitar contra a contaminación. Tamén se lle proporcionou equipamento e colectores ao buque oceanográfico “José María Navaz”, que se incorporou esta mañá ás tarefas de limpeza no mar cunha tripulación formada por voluntarios do Instituto Oceanográfico.
O Concello incorporou hoxe á nosa web municipal unha sección dedicada ao desastre do Prestige. Alí se pode atopar información sobre o operativo disposto polo Concello para loitar contra a marea negra. Tamén se informa sobre a forma correcta para limpar praias e sobre o que se debe facer cando se atopa unha ave petroleada. Na páxina iremos informando sobre a evolución da contaminación no contorno da ría de Vigo. Tamén dende ela se pode acceder ás páxinas que mellor están informando sobre este desastre.
Descargar todas as imaxes