O Concello ultima os preparativos para a chegada da marea negra
O Concello de Vigo ten preparado un milleiro de persoas para actuar no caso de que a marea negra chegue ao litoral do municipio. O persoal municipal está organizado en brigadas para distribuírse polas praias en canto se detecten manchas de chapapote. Ante a falta de axudas das administracións autonómica e central, o Concello forneceuse de colectores para recoller fuel. Tamén se adquiriu material como traxes de auga, luvas, mascariñas, capachos, pas...
O Concello facilitoulle esta mañá colectores aos barcos pesqueiros que sairon do porto de Vigo para tentar recoller fuel na boca da ría.
Axuda ao Parque Nacional
O Concello envía hoxe ás illas Cíes un equipo de 12 persoas para colaborar co persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas nas tarefas de limpeza do chapapote que comeza a chegar a esas costas. O concelleiro de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ás Cíes para comprobar a situación e ofreceulle a axuda municipal ao Director do Parque Nacional. Segundo informaron os responsables do parque, estanse mobilizando efectivos doutros lugares para colaborar na limpeza das Cíes e de Ons. Na boca norte das illas, no lugar coñecido como Punta Cabalo, unhas 50 embarcacións traballan arreo recollendo fuel.
Lois Castrillo: ”Deixáronos sos na loita contra a marea negra”
O alcalde de Vigo declarou que os cidadáns das Rías Baixas se senten sós na loita contra a marea negra. Lois Pérez Castrillo dixo que o Goberno central abandonou a ría de Vigo á súa sorte ao non poñer en marcha ningunha medida de prevención para evitar que a mancha contaminante entre nas Rías Baixas. O rexedor confesou o seu escepticismo sobre a posibilidade de que cheguen a Vigo máis medios para a loita contra a marea negra e afirmou que o Concello fará “todo o que poida facer”.
O alcalde loubou o traballo dos mariñeiros da flota de baixura, “a primeira fronte de loita contra a marea negra” e dixo que o Concello estaba a poñer os seus medios a disposición da xente que está a recoller fuel dende embarcacións na boca da ría.
Castrillo amosou tamén a súa preocupación polo Parque Nacional das Illas Atlánticas. O Concello desprazou ás illas Cíes unha brigada de limpeza que colabora co persoal do parque na limpeza das praias que comezan a ser afectadoas.
O alcalde vigués agradeceu a boa disposición dos centos de voluntarios que se brindaron a colaborar co Concello e tamén ás empresas que están a ofrecer a súa axuda.
Descargar todas as imaxes