Inaugúrase unha exposición de esmaltes na que se amosa o traballo de Ángel Marcuño
A Casa Galega da Cultura acolle unha exposición co título ”Homenaxe a Ángel Marcuño. Antoloxía do esmaltismo 1945-2002” que se poderá visitar do 4 ó 22 de decembro. A mostra está composta por 61 pezas de esmaltes.
Ángel Marcuño, artesán exemplar recoñecido, esmaltista e ourive, inicia a sua andaina como artesán nos obradoiros dos irmáns Hernández, con só 12 anos . Dende entón Marcuño ten sementado en silencio a súa obra por Galicia, amosando unha gran capacidade de recrea-los mundos máis diversos, cunha especial precisión técnica. Como escolle os temas enxebres e amosa un impresionante dominio da cor: na ouriveiría, disciplina na que acadou recoñecemento internacional, prima a minuciosidade do detalle, pero sempre en clave de equilibrio.
Crítica por Fernando Franco
Aquela Galicia de 1911 na que naceu era pouco máis que un feixe de corredoiras e o Santiago das súas primeiras miradas unha reserva de Deus poboada de servos eclesiais. Dende entón, sobre esta porción desta terra gris do norte que canta Oroza precipitáronse moitos cambios e de todos foi testemuña: ora compracente, ora impertinente pero, iso si, Ángel Marcuño viviunos case sempre armado de cicel, maceta e soprete.
Así de certo. Se Vulcano ten a fragua como atributo simbólico do seu poder alá na morada dos deuses, acá na terreal o noso home tivo tamén ós seus para desenvolve-lo seu poder co esmalte. Dende que se trasladou a Vigo na alborada dos 20, eses foron os instrumentos principais cos que este nonaxenario tallou a paisaxe da súa vida. E as súas mans. O baile máxico das súas mans modelando a materia.
Poucas veces a expresión “mestre orfebre” pódese utilizar con maior xustiza que no caso deste vello guerrilleiro das artes. Dende os doce anos en que se iniciou nos prestixosos obradoiros vigueses dos irmáns Hernández, dende que se independizou tras prestar fugazmente o seu talento artesanal a unha firma outrora poderosa, Marcuño foi sementando en silencio a súa obra por Galicia.
Aquel tríptico sito na catedral de Santiago que doou a cidade de Ourense a Quiroga Palacios, aquel outro impresionante co que honrou ó Cristo da Victoria de Vigo, de prata dourada, ouro fino e marfil. Os seus cálices, arte sacro, as xoias de orfebre que foron saíndo das súas mans...
Se como creador de xoias, entre platino, ouro, paladio ou prata chegou a ser demandado máis aló das fronteiras, é no esmalte no que Marcuño deixou un legado irrenunciable, combinando arte, alquimia e paciencia.
Difícil capta-la cor como el o fixo, fosen figuras ou paisaxes do infinito galego: os marróns da sombría balconada, os verdes da campiña, os azuis mariños, os grises sempre entremetidos....
O mestre, ós seus 92 anos, empuña aínda polas rúas os seus bastóns de puños primorosamente tallados e nas clases que aínda imparte transmite a sobedoría do vello artesán en extinción. Ben merece homenaxe artista tan calado e, ó tempo, senlleiro de Galicia.
Descargar todas as imaxes