Escoitar

Seis equipos participarán no torneo de fútbol organizado pola Policía local

luns, 2 dec 2002
imx2072.jpg
Sotelo, De Acosta e Méndez
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xaquín de Acosta, presentou a segunda edición do torneo de fútbol 7 de corpos e forzas de seguridade no que participarán seis equipos. O 5 de novembro celebrarase unha comida de confraternización para darlles a benvida aos 30 novos compañeiros da Policía local.

O xefe da Policía local, José Sotelo, explicou que este é o sexto ano que organizan unha comida de confraternización, o que demostra a harmonía existente no seo deste corpo de seguridade. Andrés Méndez destacou a homenaxe que recibirán os 6 compañeiros que se xubilan, o recibimento de 30 novos policías e a lembranza dos dous falecidos no último ano.

Na comida estarán 200 persoas con representación da Policía autonómica, nacional, local de Vigo e Moaña, Bombeiros de Vigo e Garda civil, participantes no torneo de fútbol. Asistirán tamén o escultor Lino Cao, deseñador do trofeo, e Lalo Vázquez Gil, cronista oficial da cidade.

O lema escollido para o evento deste ano é ”Rúa do compañeirismo”, porque nesta rúa imaxinaria os organizadores pretenden que se concentren tódolos valores positivos da profesión como a entrega ou o sacrificio.

Os medios de comunicación da cidade están convidados o 4 de decembro ás 17:30 no restaurante El Castillo para tomar un café cos invitados e asistir ao acto de entrega de medallas, insignias e diplomas.
Descargar todas as imaxes