Escoitar
Construcción dun muro de contención no CEIP de Beade

Renovación da rede de abastecemento de auga na Baixada a Ríos

luns, 2 dec 2002
A Comisión de Goberno adxudicou as obras de renovación da rede de abastecemento de auga á zona de Ríos, en Teis. O Concello vai investir 59.000 euros en substituír a vella canalización de fibrocemento por outra de fundición, co que se solucionará o problema das frecuentes avarías que afectan a esta rede. Vanse renovar tamén todas as acometidas das vivendas, cambiando as anticuadas de chumbo por outras de polietileno. As obras desenvolveranse ao longo de toda a Baixada a Ríos, medio quilómetro, e delas vanse beneficiar 90 familias que residen nesa zona.

Construcción dun muro de contención no CEIP de Beade

Outra obra que se vai acometer en breve prazo é a construcción dun muro de contención no peche principal do colexio de ensino infantil e primario Beade-Coutadas. O proxecto aprobado pola Comisión de Goberno busca reforzar o peche perimetral do centro, situado sobre un talude, para evitar posible desprazamentos de terra sobre a calzada. O presuposto da obra é de 40.509 euros.