Escoitar

Alumnos da Universidade de Santiago reciben o Premio Integración

luns, 2 dec 2002
imx2069.jpg
Logotipo
Os alumnos do Practicum I da Facultade de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela reciben o ”Premio de Integración Social de discapacitados” que concede a Concellería de Benestar Social a través do Gabinete de Accesibilidade.

O premio outórgase polo traballo e implicación no deseño dunha campaña de sensibilización sobre “A circulación e o aparcamento para as persoas con discapacidade” que deu lugar á campaña municipal de sensibilización “Vigo con tódolos sentidos” e ás normas do conductor solidario.

Dende hai catro anos o Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, entrega os premios de integración de discapacitados a aquelas persoas, entidades ou empresas que máis tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade. O premio consiste nunha placa cunha inscrición que recoñece este labor desenvolvido e que é entregada pola concelleira de Benestar Social.

As propostas dos candidatos ó premio as realizan as asociacións de persoas con discapacidade que integran el Gabinete Técnico de Accesibilidade e tras unha votación elíxese o premiado.

A entrega do premio realizarase o martes 3 de decembro de 2002, Día Internacional das Persoas Discapacitadas”, ás 19 horas na sala anexa á alcáldía e ó acto están convidados ademais dos premiados, a Corporación municipal, as asociacións de discapacitados da cidade e os membros do Gabinete Técnico de Accesibilidade, entre outros.
Descargar todas as imaxes