Actividades para os máis cativos no Casco Vello durante as festas do nadal
A Concellería de Benestar Social e o Plan Comunitario do Casco Vello asinaron un convenio para a realización de actividades de tempo libre dirixidos a rapaces con problemas de integración, denominados ”Enredos na praza no barrio”. O convenio enmárcase nos programas de prevención e de traballo da Concellería con diferentes colectivos, particularmente cos máis novos.
Ademais das intervencións que se fan no ámbito escolar (lugar apropiado para a prevención en xeral) e o traballo preventivo e de intervención que se fai no entorno familiar (con tódalas familias, pero particularmente coas que padecen algún tipo de desestructuración), dende a Concellería enténdese necesario artellar medidas de intervención que contribúan a facer que o lecer dos máis novos sexa máis enriquecedor no aspecto educativo e persoal.
Co convenio asinado búscanse desenvolver estructuras complementarias mediante proxectos que consoliden o labor iniciado cos menores, dende modelos que faciliten o cambio social en entornos cercanos, con obxectivos socializadores e de integración social, mediante a utilización de metodoloxías adecuadas e contrastadas. O convenio consiste nunha serie de actividades de dinamización que a traverso do tempo libre, buscan favorece-la socialización e integración dos rapaces e rapazas na comunidade na que viven.
As próximas actividades de ”Enredos na praza” son as previstas para as datas do nadal: Belén viviente: para nenos a partir dos 6 anos: obradoiro de panxoliñas e concurso de repostería do nadal.