Escoitar

A ópera didáctica chega ao festival Are-More

xoves, 28 nov 2002
imx2053.jpg
Actuación
O venres 29 de novembro celebrarase no cine Fraga-Caixa-Galicia a ópera didáctica “O pequeno desenfeluxador” de Benjamin Britten, a cargo da Ópera de Cámara de Madrid enmarcada no Festival de Música de Vigo Are More 2002. O concelleiro delegado de Cultura, Carlos A. González Príncipe, asistirá á sesión das 10,30 horas.

Na programación incial estaban previstas dúas funcións: unha didáctica ás 10,30 horas pensada para grupos escolares e outra as 20,30 hora para grupos familiares.

Dende a Concellería de Cultura ofreceuse a tódolos colexios públicos e privados de primaria, secundaria e bacharelato de Vigo a posibilidade de asistir a iste concerto didáctico previsto para as 10,30 horas.

A demanda dos colexios desbordou as prevións da Concellería, polo que foi necesario organizar unha segunda función didáctica as 12,00 horas que permitira dar cobertura a tódalas solicitudes.

Xa non hai localidades á venda para a sesión familiar das 20,30 horas que tiña un prezo de 3€ para adultos e infantil (ata 14 anos) 2€. A totalidade do aforo foi vendido a través de teletaquilla e internet, polo que non haberá posibilidade de adquirirlas na taquilla do cine Fraga-Caixa Galicia.

A Ópera de Cámara de Madrid comeza a súa actividade en 1999, dedicándose a espectáculos musicais e actividades didácticas relacionadas coa música: producción de óperas de cámara, concertos para escolares, concertos en familia, etc.
Descargar todas as imaxes