Escoitar

Achégate e descobre a arte: actividades didácticas do MARCO

xoves, 28 nov 2002
imx2059.jpg
Personaxe do programa infantil
A próxima semana comezará a programación das actividades didácticas que organiza o MARCO destinadas a escolares, familias e nenos e nenas, maiores e persoas con discapacidades, asociacións, docentes e público en xeral. A programación desenvolverase do 3 de decembro ata o 15 de xuño de 2003, de martes a domingo. O obxectivo é familiarizar á cidadanía coa arte contemporánea, a través dun programa de actividades lúdicas e obradoiros que lles permitirán ós participantes experimentar coa arte, ó tempo que estimulará a creatividade de pequenos e adultos.

A presentación das actividades estivo a cargo Carlos Príncipe, concelleiro de Cultura: Carlota Álvarez Basso, directora do Museo de Arte Contemporánea de Vigo: Rosa Villar Quinteiro, Directora Técnica de Pedra, Cultura e Patrimonio e Guy Bobillo, coordinador de Títeres en acción.

O concelleiro lembrou que o MARCO ten unha clara vontade de funcionar como un centro de arte aberto, dinámico e participativo, ”a programación didáctica, dirixida a diversos colectivos, porase en marcha a partir do 3 de decembro cun completo programa de actividades titulado Achégate e descobre a arte...”

PROGRAMACIÓN

1. Achégate e descobre a arte...nas visitas guiadas. Visitas comentadas ás exposicións
Salas de exposicións

Todo o ano de martes a domingo, ás 12,00 h. (para grupos con reserva) e ás 18,00 h. (para o público en xeral) Previo pago da entrada

Aquelas persoas que teñan un especial interese en coñecer máis detalles das exposicións do MARCO poderán acceder ó programa de visitas guiadas. As visitas realizaranse en grupos e contarán coas explicacións dun guía especializado.

2. Achégate e descubre a arte ... para escolares
Programas didácticos para escolares

Sala de Obradoiros

Do 3 de decembro de 2002 ó 15 de xuño de 2003, martes, mércores, xoves e venres, de 11,00 a 13,00 h.Gratuíto, previa cita no tel. 986 11 39 03

MARCO ofrece gratuitamente a tódolos escolares da área metropolitana de Vigo a posibilidade de realizar visitas comentadas e talleres específicos en torno ás exposicións programadas do museo. As actividades están dirixidas á Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato de centros públicos e privados, entre os 6 e 18 anos.

3. Achégate e descubre a arte ... para familias
Actividades para familias e nenos/as

Salón de Actos e Sala de Obradoiros

Do 7 de decembro de 2002 ó 15 de xuño de 2003
sábados e domingos, de 12,00 a 14,00 h. Previo pago de entrada.

Destinado a nenos/as a partir de 2 anos acompañados de seus pais, este programa consiste nunha actuación de títeres a cargo da compañía “Títeres en acción”, e a realización posterior dun obradoiro no que tódolos membros da familia participan, traballando aspectos artísticos presentes na representación dos títeres.

4. Achégate e descubre a arte ... para grupos
Actividades para maiores e persoas con discapacidades


Do 5 de decembro de 2002 ó 12 de xuño de 2003
xoves de 17,00 a 18,30 h.Gratuíto, previa cita no tel. 986 11 39 03

Pretende crear un espacio de atención a tódalas asociacións e institucións de carácter sociocultural e que traballan na integración, favorecendo o contacto coa arte. A actividade ten un carácter aberto, ofrecendo diversas alternativas atractivas para cada grupo específico: visitas comentadas, audicións, proxeccións, manexo de material de apoio, etc.

5. Achégate e descubre a arte ... para adultos
Curso de “Iniciación a Arte Contemporánea” para adultos e docentes

Salón de Actos e Salas de Exposicións

Do 15 de xaneiro ó 21 de maio de 2003 : mércores, de 19,00 a 20,30 h.O precio de matrícula para todo o curso é de 90 Euros.

Curso de formación artística para o público interesado en coñecer de primeira man os movementos artísticos dos séculos XX e XXI e as claves pedagóxicas que faciliten a súa incorporación nas aulas. Este curso intenta ser unha plataforma de diálogo entre a sociedade e o museo.

O número de prazas está limitado a 100 participantes. Para a aceptación de matrículas, seguirase estrictamente a orde de recepción das mesmas.
Descargar todas as imaxes