Escoitar

Constitúese a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo

mércores, 27 nov 2002
imx2045.jpg
A Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo está constituída polo concelleiro de Electromecánicos, Henrique Vieitez, en representación do Concello de Vigo, Autoridade Portuaria, Caixanova, Citroën, Instituto da Enerxía de Galicia (INEGA), Isofotón, Deputación Provincial de Pontevedra, Gas Galicia, Mancomunidade, Unión Fenosa, Universidade e Zona Franca.

Entre os obxectivos da fundación está incentivar a difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovables nos sectores da administración pública, producción de bens e servicios (Pemes e industria) e sector doméstico, ademais de favorecer a diversificación.

Tamén se incidirá na información e utilización óptima das enerxías renovables e se promoverá o aforro enerxético co fin de protexer o medioambiente e reducir o impacto da polución a base da aplicación das novas tecnoloxías.

Na reunión de constitución, celebrada o martes 26 de novembro, ratificáronse por unanimidade os estatutos propostos para a creación desta fundación. A fundación terá un orzamento total no primeiro ano de 235.055,95 euros.

A fundación terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Será dirixida, gobernada e administrada por un padroado, que estará integrado por 21 membros que se adscribirán aos seguintes cargos: presidente, vicepresidente e vocais. Ademais destes cargos se nomeará un director-xerente, que baixo a superior dirección do padroado e do seu presidente encargarase da dirección administrativa e a xestión dos asuntos da fundación.
Descargar todas as imaxes