Escoitar

En outubro bateuse o récord de viaxeiros do autobús urbano nun mes

martes, 26 nov 2002
No pasado mes de outubro rexistrouse o maior número de viaxeiros do transporte público urbano nun mes na historia da cidade. En outubro acadouse a cifra de 1.912.567 viaxes.

A suba de viaxeiros foi xeralizada en todas as liñas con respecto a meses anteriores, pero notouse máis nas liñas de recente implantación. Por exemplo, o C·3, que en setembro transportara 292.143 persoas levou en outubro 340.168. O C·5, transportou en outubro 161.608 viaxeiros, 30.000 máis ca o mes anterior. Tamén o C·1 incrementou en Outubro en 18.000 o número de usuarios. Outra das novas liñas, Pza de España-Fragoselo, viu aumentar o número de viaxeiros en 5.000 persoas e as lanzadeiras á Universidade trasladaron máis de 100.000 estudiantes.

O aumento do número de usuarios do transporte público urbano vese acompañado polo incremento das “tarxetas verdes” expedidas. En outubro superouse a barreira das cen mil tarxetas. Actualmente dispoñen delas 104.000 vigueses que aproveitan os descontos na tarifa e que poden empregalas como billete de transferencia. A súa porxentaxe de utilización acada xa o 66% de todas as viaxes que se realizan no autobús urbano.