Escoitar

Profesionais da avogacía destacan a necesidade de dedicar a asuntos de familia o novo xulgado de Vigo

luns, 25 nov 2002
imx2036.jpg
Castrillo e Rubianes
A asociación ”Xustiza e Sociedade de Galicia” compareceu na sesión plenaria para solicitar aos poderes públicos que traballen na dirección de dotar a Vigo de infraestructuras xudiciais axeitadas en materia de familia. Máis concretamente, a asociación pide que o novo xulgado de primeira instancia sexa destinado a asuntos de familia.

O representante da asociación falou tamén doutras necesidades como a de dotar este xulgado dun cadro funcionarial interino de xeito inmediato mediante a convocatoria de prazas de traslados sen agardar polo concurso anual, duplicar o cadro de persoal adscrito de profesionais especializados en temas psicosociais e esixir da Consellería de Familia un orzamento para o Punto de Encontro e melloras materiais consonte aos servicios ofertados.

Esta intervención realizouse tralo coñecemento da aprobación dun acordo do Consello de Ministros polo que se aproba o xulgado de primeira instancia número 12 á cidade de Vigo, sen especificar que se vaia dedicar a asuntos de dereito de familia.
Descargar todas as imaxes