O Pleno solicita máis seccións da Audiencia Provincial en Vigo
A Corporación municipal acordou por unanimidade instar á Institución Xudicial a que as decisións que poidan afectar á demarcación dos Tribunais de Vigo sexa planificada en estreita colaboración cos sectores profesionais de xustiza da cidade e co seu Concello. O Pleno da Corporación toma esta decisión é ter coñecemento do informe que referente á “actualización do mapa xudicial” remitiu o Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.
Os membros da Corporación tamén aprobaron propoñer ó Consello Xeral do Poder Xudicial a creación inmediata en Vigo dunha terceira Sección da Audiencia Provincial mantendo a súa actual Planta e o traslado inmediato a Vigo dun dos tres Xulgados do Contencioso existentes na cidade de Pontevedra.
O Pleno do Concello de Vigo aprobou remitir o acordo ó Xuíz Decano de Vigo, ó Presidente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ó Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, ó Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, ó Conselleiro de Xustiza da Xunta de Galicia e máis ó Ministro de Xustiza da Administración do Estado.
O acordo da Comisión de Traballo de Xustiza do Concello di o seguinte:
”A Comisión de Traballo de Xustiza do Concello de Vigo tivo coñecemento do informe que referente á “actualización do mapa xudicial” remitiu ó Excmo. Sr. Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e Ilmo. Sr. Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.
No antedito informe se indica que a creación de dous Seccións da Audiencia Provincial en Vigo “carece de xustificación xurídica e técnica tendo provocado iso importantes disfuncións no funcionamento do órgano e da prestación do servicio público”. Para remediar esta situación o Iltmo. Sr. Presidente estima como “absolutamente necesario unifica-la demarcación territorial das Seccións, de xeito que as seis existentes teñan competencia en toda a Provincia, sen prexuízo de que para salvaguardar dereitos adquiridos, a sede física das Seccións Quinta e Sexta e o destino dos Maxistrados e persoal que as sirve se manteña na cidade de Vigo”. Subsidiariamente e en caso de mante-la “disgregación territorial” proponse segrega-lo Partido Xudicial de Rendondela da demarcación das Seccións con sede en Vigo para depender das Seccións de Pontevedra.
Dende ó máximo respecto que merece o Ilmo. Sr. Presidente da Audiencia, a Comisión de Traballo de Xustiza do Concello de Vigo manifesta o seu máis absoluto rexeitamento á proposta formulada.
Dificilmente é comprensible que se manifeste que a creación nesta cidade de dúas Seccións da Audiencia Provincial careza de xustificación xurídica pois iso non é senón unha previsión do art. 80.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Sí, en cambio, ten difícil ou imposible encaixe legal a solución que se propón dado que o precepto citado establece que ás Seccións que poidan crearse fóra da Capital de Provincia tan só poderán adscribirse un ou varios Partidos Xudiciais, é dicir, non caben Seccións con sede fóra da capital con xurisdicción en toda a provincia, sen que por outro lado sexa comprensible dende un punto de vista legal, a idea de distinguir entre “sede física” e o que podería denominarse “sede do órgano”, máxime cando esta descentralización ten vocación de permanencia indefinida.
Sendo inexplicable a solución xurídica proposta mailo é na súa vertente técnica e operativa. En efecto, como se di na Exposición de Motivos da Lei 2/1999 o fin último da existencia de Seccións fóra das sedes que lle son propias teñe a súa razón de ser no principio de eficacia da Xustiza e no dereito á tutela efectiva por Xuíces e Tribunais dos dereitos e intereses lexítimos dos cidadáns consignados no art. 24 da Constitución, principios que esixen a garantía de fácil acceso destes ós diversos órganos xudiciais e que en parte foron conseguidos mediante a adopción de medidas que no seu día se concretaron coa creación de dous Seccións da Audiencia na cidade de Vigo.
Poñer tres anos despois en tela de xuízo a lóxica desa decisión, froito dunha reivindicación constante da cidadanía, carece de fundamento máxime cando a solución proposta ignora a rotundidade dos feitos.
En efecto, a cidade de Vigo (280.094 habitantes, Censo INE 2001) é a única en todo o Estado que non sendo capital de provincia cuadriplica os habitantes desta (Pontevedra: 74.492, Censo INE 2001) sendo a máis preta a este parámetros a de Gijón (266.419 hab.) que tan so supera en 65.000 habitantes á de Oviedo (201.154). Descoñecer e obviar esta realidade, non argumentar, non propoñe-la reforma das demarcacións das Seccións da Audiencia Provincial dende o estudio, dende unha análise seria, rigurosa e profunda desta fundamental premisa supón ignorar unha verdade que non lle pode ser allea ó Ilmo. Sr. Presidente da Audiencia.
Pero non só é o número de habitantes o que sustenta outras solucións distintas á proposta, tamén son as propias estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial as que esixen un maior protagonismo e presencia da cidade de Vigo e das súas Seccións na Audiencia, pois non se debe esquecer que no ano 2000 unha soa Sección, a Sección da cidade de Vigo, rexistrou 1202 asuntos civís fronte ós 1488 rexistrados polas restantes, tendo rexistrado esa mesma Sección 935 asuntos penais fronte ós 1620 do resto das Seccións, os números citados, que se repiten coa maior intensidade nas apelacións contra sentencias en xuízos de fallas (466-514) e nos Xulgados do Contencioso-Administrativo, alleos á Audiencia (700-600), demostran que a Sección –agora Seccións- da Audiencia en Vigo se atopan respecto das de Pontevedra cunha sobre carga de traballo que dá lugar a unha indesexable dilación nos procedementos, polo que tendo en conta a demostrada productividade de Maxistrados, Secretarios e resto do persoal, tal deficiencia tan so ten a súa orixe nunha desigual e anómala dimensión da Demarcación das Seccións.
A grave e preocupante problemática exposta pode e debe ter unha solución racional, sinxela e equilibrada, solución que sen ir máis lonxe ven xa contemplada na demarcación que para os Xulgados do Social establece o anexo IX da Lei de Planta e Demarcación, polo que consistirá en crear en Vigo unha terceira Sección sen modifica-la Planta da Audiencia Provincial que mantería as tres restantes, adscribindo á nova e ás outras dúas xa existentes ós Partidos Xudiciais de Ponteareas (nº 1), Tui (nº 6), Cangas (nº 7), coa excepción de Vilaboa, Redondela (nº 10) e Porriño (nº 11), implica todo isto unha población xustizable de 492.525 persoas (Censo INE 2001), moi próxima á metade do total de habitantes da provincia: 903.759 (Censo INE 2001) e a litixiosidade de ambas zonas.
Manter a toda costa, dende unha perspectiva capitalina decimonónica, decadente e trasnoitada, a actual división e inclusive empeorala con desprazamentos inútiles que aumentarán no cidadán a vixente e crecente desconfianza na Administración de Xutiza, non ter en conta que existen poderosos condicionantes e disfuncións que aconsellan unha decidida revisión, supón carecer dunha visión real e exacta da problemática exposta e do que significa o potencial económico e industrial de Vigo e a súa área de influencia, por iso, lonxe de calquera corporativismo ou reivindicación localista e dende unha vontade decidida e entusiasta enfocada á mellora dun servicio público básico e esencial”.