Vigo entrega a medalla da cidade á Armada
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, entrega a medalla da cidade á Armada Española no transcurso dun acto que se celebra o mércores, 27 de novembro, na explanada da Estación Marítima.
Os actos comenzarán ás 11.30 horas coa formación do batallón da forza de infantería de mariña. A partir das 12 horas realizarase o izado da bandeira e a homenaxe ós caidos. A continuación o alcalde de Vigo entregará a Medalla da Cidade a Armada Española que recollerá Fransciso Rapallo Comendador, almirante Xefe da Zona Marítima do Cantábrico.
Tralos discursos que pronunciarán o alcalde e o almirante xefe terá lugar o acto de arriada da bandeira e unha exhibición aeronaval. Posteriormente celebrarase unha recepción a bordo do buque ”Galicia”.
Con motivo deste acto atópanse no porto de Vigo un grupo de unidades de proxección da frota da Armada composto polos buques Galicia, Baleares, Andalucía, Victoria, Hernán Cortes, Marques de la Ensenada, Serviola e Tramontana, así como o buque San Giusto da Armada Italiana.
Medalla da Cidade
O Pleno do Concello aprobou a concesión da medalla da cidade á Armada Española, ”polos relevantes e extraordinarios servicios prestados á nosa cidade nestes trescentos anos de historia compartida”. A proposta aprobouse por unanimidade no transcurso dun pleno extraordinario celebrado o 20 de novembro.
A exposición de motivos polos que se concede a medalla a esta institución son os seguintes: ”Fai 300 anos a Armada Española viviu daquela cos vigueses e viguesas a Batalla de Rande. Neste 300 anos a Armada Española seguiu vencellada a nosa cidade de Vigo.
En primeiro lugar, defende a cidade coas dotacións que en cada momento da historia a Armada destinou a Vigo, sendo a última delas a ETEA.
En segundo lugar, a Aramada dende a súa Comandancia de Mariña ven prestando servicios ós barcos e traballadores do mar.
En terceiro lugar, os buques da Armada e a súas tripulacións veñen defendendo ós nosos mariñeiros cando foron ameazados,como ocorreu na chamada guerra do fletán (1995).
E por último, foron milleiros os vigueses que prestaron os seus servicios na Armada Española e, milleiros tamén, aqueles vigueses que fixeron a súa carreira profesionais nesa institución que xerou en Vigo multitude de empregos, tamén de orde civil.
Para rematar, non podemos esquecer os milleiros de vidas que nestes 300 anos salvaron os buques e tripulacións da armada actuando con valentía no momento de naufraxios e accidentes na vida do mar que afectaron a buques e tripulacións viguesas”.
Descargar todas as imaxes