Os preparativos do Nadal centran a programación das ludotecas municipais de Vigo
O Nadal será o tema en torno ó que xirarán as diferentes actividades das cinco ludotecas municipais de Vigo este mes de decembro, coa elaboración de adornos e postais navideños, a decoración dunha árbore de Nadal e o xogo do amigo invisible, entre outras cousas.
Casa da Xuventude (López Mora, 31: amplíase o horario nas vacacións: de 11 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas):
Do 16 ó 20 de decembro densenvolverase un obradoiro de Nadal, no que se fará un boneco de neve e o buzón dos Reis Magos, e se decorará a ludoteca cun árbore de Nadal e diversos adornos feitos con elementos naturais propios do outono-inverno e material de desfeita.
Do 23 de decembro ó 3 de xaneiro celebrarase a festa do Nadal, cunha merendola especial e a elaboración de receitas de cociña típicas destas datas. Ademais, recolleranse os regalos do amigo invisible e sairase pola cidade para tirar fotos e visitar o Concurso de Beléns de Caixanova, o Concurso de Debuxo de Radio Vigo e a II Feira da Infancia e Xuventude: Xogos de Europa Vigo 2002 (do 26 ó 29 de decembro no Recinto Ferial de Cotogrande).
Antes, do 2 ó 20 de decembro, haberá un obradoiro de fotografía, no que se revelarán negativos e fotografías en branco e negro cun laboratorio profesional e se realizará unha reportaxe fotográfica sobre o Nadal. Tamén se elaborará un diaporama fabricando diapositivas artesanais.
Coia (Pavillón Polideportivo, Castelao, s/n:): Tamén se amplía o horario nas vacacions de 11 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas):
Farase a expototal anual, con fotos, debuxos, caricaturas, menxases: sortearase unha cesta de Nadal, xogarase ó amigo invisible e o bingo de Reis, cun regalos sorpresa: escoitaranse as campanadas de fin de ano e disfrutarase dunha festa de fin de ano na macrodiscoteca que se montará na ludoteca: elaboraranse postais navideñas e pintarase un mural nunha das paredes da ludoteca.
Lavadores (AVV Lavadores, Ramón Nieto, 302):
Mudarase o calendario nun calendario de advento, con regalos, dulces e motivos de Nada: decorarase a ludoteca con faroliños, anxos, estrelas...: farase un obradoiro de postais navideñas: escoitaranse panxoliñas: montarase unha árbore de Nadal: haberá xogos de Nadal: veranse as películas Papá Noel e Canción de Navidad: e visitarase a Exposicións de Beléns de Caixanova: e informarase ós pais dos xogos, xoguetes e liros máis axeitados para mercar ós seus fillos.
Coruxo (Colexio A Paz Tintureira, Estrada Fragoselo, 28):
A primeira quincena do mes estará dedicada ó universo, facéndose unha viaxe polos planetas, o sol e as estrelas. A segunda quincena dedicarase ó Nadal: os nenos realizarán xoguetes con material inservible, investigarán nas historias dos Reis Magos e Papa Noel, coñecerán como pasan o Nadal os nenos doutros continentes e solidarizaranse coas persoas que non poden celebrar estas datas.
Hoy por Mañana (Sagunto, 86):
Trátase dunha ludoteca de integración xestionada pola asociación Hoy por Mañana e dirixida tanto a nenos con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais como a nenos sen deficiencias. Entre as actividades de decembro destacan: manualidades (decoración navideña, elaboración dun calendario xigante do 2003...), contacontos e cine semanal, xogos predeportivos e de cooperación, e un taller de maquillaxe para o Nadal.